Superviventes

O ser humano ignora toda a vida que o rodea, pero esa vida está aí, vixiando os nosos movementos, xa que no fondo, tristemente, saben que a súa supervivencia dependerá sempre do trazado dunha estrada que se decida nun despacho, da construción dunha megaurbanización, dunha canteira ilegal, dos verquidos dunha fábrica, dun lume provocado, ou de que se cree un espazo protexido. Son capaces de vivir a pesar nosa,e en moitos casos grazas a nos. Son, polo tanto, uns verdadeiros superviventes.

  • Sit amet felis. Mauris semper, velit semper laoreet dictum

    Welcome to WordPress. This is your first post. Edit or delete it, then start blogging!Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Quisque sed felis. Aliquam sit amet felis. Mauris semper, velit semper laoreet dictum, quam diam dictum urna, nec placerat elit nisl in quam. Etiam augue pede, molestie eget, rhoncus at, convallis ut, eros. Aliquam pharetra. Nulla in tellus ...

  • Category name clash

    Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Quisque sed felis. Aliquam sit amet felis. Mauris semper, velit semper laoreet dictum, quam diam dictum urna, nec placerat elit nisl in quam. Etiam augue pede, molestie eget, rhoncus at, convallis ut, eros. Aliquam pharetra. Nulla in tellus eget odio sagittis blandit. Maecenas at nisl. Nullam lorem mi, eleifend a, fringilla vel, ...

  • Test with enclosures

    Here's an mp3 file that was uploaded as an attachment: Juan Manuel Fangio by Yue And here's a link to an external mp3 file: Acclimate by General Fuzz Both are CC licensed. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. Quisque sed felis. Aliquam sit amet felis. Mauris semper, velit semper laoreet dictum, quam diam dictum urna, nec placerat elit nisl in quam. ...

  • Block quotes

    Some block quote tests: Here's a one line quote. This part isn't quoted. Here's a much longer quote: Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit. In dapibus. In pretium pede. Donec molestie facilisis ante. Ut a turpis ut ipsum pellentesque tincidunt. Morbi blandit sapien in mauris. Nulla lectus lorem, varius aliquet, auctor vitae, bibendum et, nisl. Fusce pulvinar, risus non euismod ...

Orquídeas urbanas

Cando falamos das orquídeas, sempre pensamos en climas tropicais ou ambientes selváticos, pero nunca se nos pasa pola cabeza que entre o céspede apareza unha destas plantas. A realidade é moi diferente, aquí temos un exemplo, a Serapias lingua, unha pequena orquídea europea, que é relativamente abondosa en Galicia.Serapias parviflora

A Charaxes e o "madroño".


E quen será esta Charaxes que lle quita o título ó oso madrileño?. Pois unha bolboreta chamada Charaxes jasius ou catro colas, das máis espectaculares e raras da nosa contorna que gosta das figueiras para revolotear e dos érbedos (madroños en castelán) para reproducirse. E unha das bolboretas que máis sufriu o impacto dos lumes e as acacias.

Artigo: La Voz de Galicia


Nun paseo tardío atopeime con un exemplar morto de dita bolboreta ás portas da cidade de Ourense a poucos metros duns edificios enormes e unha autovía. Seguirei pescudando por esa zona a ver si atopo algunha viva. Se iso non é supervivencia...

Xa na zona da Peroxa, unha zona moito máis natural, as Charaxes viven felices, e conseguín velas tomando o sol outonal nunha figueira na beira do Miño, como o demostra esta da foto. Mágoa que era algo tímida e non quixo abrirse para a miña cámara. Había outra un pouco máis nerviosa que esa nin sequera se pousaba, non sei de que me queixo.







Como hai xente máis convincente coas bolboretas (ou quizais con máis paciencia), tiramos de fotos de internet e encontramos este exemplo de Charaxes "aberta", onde a catro colas móstrase con todo o seu esplendor.


A eiruga semella un dragón chinés, cunha grande cabeza e catro cornos amarelos e vermellos, no documental microcosmos aparece como é o seu nacemento, si tedes a oportunidade de velo completo é todo un espectáculo. Podedes observalo neste trailer do documental entre o minuto 1:20 e o 1:25.




Como xa dixen as Charaxes jasius teñen un gran problema, os lumes, e as acacias, que xurden rápidamente nas zonas queimadas. Estas ocupan o lugar dos erbedos polo que a bolboreta perde a súa planta nutricia. Sen os erbedos non hai Charaxes...¿merecémonos perder esta marabilla da natureza?. Como a resposta lóxica é non, a asociación anabam (asociacion naturista "Baixo Miño") está a rozar zonas de acacias no monte de Santa Trega e a plantar erbedos para recuperar as Charaxes jasius nesa zona, o proxecto chámase: "Un bosque para unha bolboreta", a que sona ben?. Esperemos que teña moito exito e que as Charaxes revoloteen pronto por riba dos castros de santa Trega.

Difícil mimetismo.

Intentando pasar desapercibida (a quen se lle ocorre, poñerse nunha tela plasticosa para ese fin), atopeime de cheo con esta Ruspolia nitidula, paseando polo Barbañica dende a Valenzá ata Ourense, un exemplo de desastre na limpeza e saneamento de ríos, onde limpar e sanear significan basicamente quitar arbores e facer muros de pedra, pero respectando, como non, o lixo.
A pesares diso, como a natureza non lle queda outro remedio que adaptarse, pois aí aparecen xoias como esta que che fan esquecer unha bolsa de plástico do carrefur ou unha lata de cocacola no medio do regato.


Non entendo moi ben á xente que vai comendo unha bolsa de patacas ou bebendo un refresco e unha vez acabado o tiran, e andando. Exactamente que parte do cerebro terán atrofiada? , é unha boa base para facer unha tese.

Algún día, por aburrimento, vou fotografar e comentar todas e cada unha das agresións que sofre este regato, porque has hai de todo tipo.

Comezamos


Comeza a andadura deste blog, que quere darlle un pouco de importancia a todos os diferentes seres que comparten connosco as nosas vilas, as nosas cidades, en definitiva, a nosa vida.
Son superviventes que mellor ou peor, non lles queda outro remedio que adaptarse a nos, as nosas estradas, as nosas construccións, os nosos encoros...en definitiva á nosa prepotencia, xa que o ser humano xamais dará o brazo a torcer fronte a natureza (inda que dependa dela).
Esta foto foi sacada na Guarda, este verán do 2008. As gaivotas claras (Larus cachinnans), son unhas verdadeiras superviventes, que neste caso foron favorecidas polo home. Souberon adaptarse as nosas construcións, facendo os seus niños nos tellados sen ningún tipo de miramentos, e o que é peor, sen contribuír nos gastos de aluguer.

Popular Posts